O Umia CF celebra o ascenso a Preferente do sénior masculino

Umia
04 de xullo 2020

Rafael Louzán, presidente da Federación  Galega de Fútbol recoñeceu o labor do equipo masculino de ascender a Preferente e do sénior feminino por manterse en Primeira Nacional un ano máis. Así mesmo, felicitou ao novo presidente do Umia, Paco Torres, por tomar as rendas do club "nesta situación tan dificil"

Homenaxe ao Umia CF polo seu ascenso a Preferente PontevedraViva

Este sábado tivo lugar a celebración do ascenso a preferente do sénior masculino do Umia CF no campo Municipal da Bouza.

Ao redor das 10:30 horas, todos os equipos que forman o club reuníronse para festexar o fito 30 anos despois do seu paso pola categoría.

O acto, dirixido por Alejandro Pérez, comezou coa entrega de diplomas aos equipos da base, tanto masculinos como femininos, e aos seus respectivos adestradores e adestradoras.

Seguindo as recomendacións das autoridades sanitarias, chegou a correspondente homenaxe aos artífices do ascenso. Rafael Louzán, presidente da Federación Galega de Fútbol recoñeceu o labor do equipo masculino de ascender a Preferente e do sénior feminino por manterse en Primeira Nacional un ano máis. Así mesmo, felicitou ao novo presidente do Umia, Paco Torres, por tomar as rendas do club "nesta situación tan dificil".

Á homenaxe asistiron o presidente da Futgal, Rafael Louzán; o alcalde de Ribadumia, David Castro; o ex presidente do Umia, Manuel Abuín ' Piris' o ex secretario do club, Amancio Varela; e o presidente do CD Ribadumia, Antonio Serantes.