A illa canaria de Lanzarote converteuse durante este mes de xaneiro no cuartel xeral do tríatlon pontevedrés.
Alí refúxianse, concretamenteno Club La Santa, deportistas da talla do pentacampión mundial Javi Gómez Noya, Pablo Dapena ou Saleta Castro, na busca dunha óptima posta a punto antes de iniciar oficialmente a tempada deportiva.
Gómez Noya apostou este ano por deixar Fuerteventura e realizar unha concentración en Lanzarote durante tres semanas. Na illa, xunto ao seu técnico e ao seu grupo de adestramento, atopa unhas condicións meteorolóxicas inmellorables e instalacións para preparar os seus próximos obxectivos, que pasan por volver disputar o triunfo nunhas Series Mundiais que arrincarán en marzo en Abu Dhabi.
Entre os deportistas que o acompañan atópase o pontevedrés Pablo Dapena tras o seu brillante final de curso en 2016, principalmente na media distancia pero que tamén lle levou á Gran Final das Series Mundiais en Cozumel. Quere empezar con forza a tempada, algo que non puido conseguir por lesión en 2016.
"La oferta era irrechazable, tres semanas en Lanzarote con el capitán @jgomeznoya y sus secuaces para seguir asentando las bases de la temporada", recoñeceu o propio Dapena á súa marcha a través do seu perfil en Instagram, no que vay actualizando as súas sensacións nos adestramentos.
Luchando contra el viento esta mañana en la bici. @Specialized_ESP@Viator_Es#LoQueNoTeMataTeHaceMasFuertepic.twitter.com/BDVpQ1O1gk
— Pablo Dapena Gonzale (@pablitopiny) 7 de enero de 2017
Tamén estableceu a súa base de adestramento no Club La Santa Saleta Castro, aínda que no seu caso é habitual que pase tempadas adestrando alí.
Saleta, cuxo obxectivo principal esta tempada está fixado precisamente no Ironman de Lanzarote (20 de maio), afronta agora 10 días de concentración na illa "ya con entrenamientos muy exigentes", recoñece, pensando na súa primeira competición da tempada, o Tri Santa Cruz o 12 de marzo en Tenerife.
Se acabó el frio hoy rumbo a Lanzarote. 10 dias de concentracion en el @clublasanta ya con… https://t.co/6Z0woVXmC3
— Saleta Castro (@Saletacastro) 8 de enero de 2017