Gómez Noya, sobre Tokyo 2020: "Será el cuerpo y la mente el que cada año me vaya diciendo lo que debo hacer"
Por Diego Espiño
"Lo estoy disfruntando mucho", asegura Javier Gómez Noya desde Oviedo, onde o venres recibirá un dos máximos galardóns do mundo do deporte, o Premio Princesa de Asturias, algo que "no sólo es importante para mí sino para el deporte al que represento".
O triatleta galego aproveitou a rolda de prensa previa aos premios para repasar os seus últimos meses, nos que estivo de baixa por culpa dunha caída en bicicleta nun adestramento que lle apartou dos Xogos Olímpicos, e marcouse os seus primeiros obxectivos para a próxima tempada, que xa prepara.
"Estoy empezando a entrenar con mis objetivos de 2017", asegura, que pasan por "ir subiendo la forma la forma poco a poco, volver al trabajo, volver a ganar las buenas sensaciones y empezar a competir en el Campeonato del Mundo de 2017 en el mes de marzo, en la primera prueba del Mundial", sinala en relación á estrea das Series Mundiais ITU en Abu Dhabi.
Gómez Noya confía en que a próxima tempada "sea exitosa" tras o "disgusto importante" que supuxo a lesión que lle apartou de Río de Janeiro. A pesar diso "espero que me quede mucha carrera deportiva, muchas cosas importantes que hacer y si cabe esto me va a dar más motivación y más ganas de hacerlo bien en el futuro", sinalou.
O que non ten claro o pentacampión do Mundo é se chegará á próxima cita olímpica, Tokyo 2020, e é que "evidentemente ya no tengo 25 años, tengo 33" e aínda que declara sentirse "muy competitivo", prefire "ir año a año viendo como me encuentro".
"Tengo otras opciones, como hacer larga distancia, preparar otros objetivos, y al final será el cuerpo y la mente el que cada año me vaya diciendo lo que debo hacer", sentenciou a preguntas dos xornalistas.
Relacionadas:
-
Unha carreira de media distancia en Nova Zelandia, primeiro test na tempada de Gómez Noya
Por Redacción |
-
Gómez Noya anuncia a súa intención de competir nun dos catro mundiais que organizará Pontevedra en 2019
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Javier Gómez Noya recibe en Oviedo o Premio Princesa de Asturias dos Deportes
Por Redacción |
-
Gómez Noya, tras a operación que lle aparta dos Xogos: "No descarto ir a Tokio"
Por Redacción |
-
Avalancha de mensaxes de apoio a Gómez Noya tras o seu adeus aos Xogos de Río
Por Redacción |
-
Gómez Noya rompe un brazo adestrando e pérdese os Xogos Olímpicos
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Javi Gómez Noya, premio Princesa de Asturias dos Deportes
Por Alejandro Espiño |