O Teucro segue invicto esta tempada tras sumar unha nova vitoria á conta do Carballal, que chegou con esperanzas ao ecuador do segundo tempo pero terminou desinflándose ante o acerto rival.
Empezou o partido cun parcial de 3-0 por parte dos de Irene Vilaboa, pero aos poucos fóronse sumando os erros en ataque e o cadro visitante logrou igualar aos 12 minutos do primeiro tempo (5-5).
Foi un espellismo. Andrés Pérez, Xurxo Rivas e Marko Dzokic botáronse ao equipo ás costas e espertaron para retomar a vantaxe no marcador e chegar ao descanso cunha renda de dous goles (13-11).
Despois do paso polos vestiarios o dominio seguiu sendo para os locais a pesar de que o Carballal chegou a colocarse a un gol do empate tras a exclusión de Dzokic (16-15), metendo o medo no corpo ao equipo pontevedrés, que necesitaba reaccionar.
E ata aí chegou o partido para os de Vigo, superados por completo por un Teucro que espertou e mostrouse estable en todas as facetas para arroiar e marcharse ata os dez tantos a falta de tres minutos para o final, instantes nos que os visitantes aproveitaron a exclusión de Caio para maquillar o resultado con dous goles de Yago López (29-21).
Consulta as estatísticas nesta ligazón