O Teucro sofre pero vence ao Alcobendas (31-26)

Pontevedra
30 de novembro 2019

A Sociedade Deportiva Teucro necesitaba unha vitoria despois de encadear tres derrotas consecutivas e un empate no últimos catro partidos disputados. Por iso saíu forte á cancha do Pavillón Municipal para enfrontarse a un Alcobendas situado no quinto posto da clasificación

Partido entre Teucro e Alcobendas no Pavillón Municipal Diego Torrado

A Sociedade Deportiva Teucro necesitaba unha vitoria despois de encadear tres derrotas consecutivas e un empate nos últimos catro partidos disputados. Por iso saíu forte á cancha do Pavillón Municipal para enfrontarse a un Alcobendas situado no quinto posto da clasificación e que viña de gañar o seu anterior encontro.

O partido comezou cun parcial de 3-0 a favor dos locais no primeiros cinco minutos de partido. O Alcobendas reaccionaba pero non lograba igualar a un poderoso Teucro que mantiña ese pequeno colchón no seu marcador que, por máis que o seu rival tentaba reducir, non o lograba.

Chegábase ao ecuador da primeira metade e os azuis, liderados por Iván Rodríguez (10 goles), afastábanse en 6 tantos do seu rival, que conseguían reducir nun gol o resultado, para chegar ao descanso cun claro 17-12.

O encontro estaba a favor do Teucro pero, como vén sendo habitual, chegaron os malos minutos. O Alcobendas aproveitou dúas exclusións de Poveda para poñerse a tan só un gol de diferenza (24-23).

A vitoria comezaba a perigar, pero grazas a dous rápidos contra golpes e á boa finalización de Andrés Torres, o partido volvía encarrilarse a favor dos de Luís Montes para finalizar cun contundente 31-26.

 

Consulta as estatísticas do partido Teucro-Alcobendas na seguinte ligazón.