O Teucro inicia a segunda volta con derrota ante o Ribeiro (31-28)

Pontevedra
21 de xaneiro 2023

A Sociedad Deportiva Teucro empezou a segunda volta da Primeira Nacional con derrota ante o Balonmán Ribeiro por 31-28  

Partido entre Teucro e Ribeiro no CGTD Cristina Saiz

A Sociedad Deportiva Teucro empezou a segunda volta da Primeira Nacional con derrota ante o Balonmán Ribeiro por 31-28.

Aos de Irene Vilaboa custoulles meterse no encontro e víronse castigados por un primeiro parcial en contra de 5-2 que obrigaba á adestradora para parar o cronómetro.

E aos poucos os pontevedreses foron enchufándose, en parte grazas á efectividade nos lanzamentos dun Vinicius que estaba a ser imparable e que protagonizaba a remontada do Teucro aos 22 minutos de xogo (11-13).

Cos azuis dominando no marcador chegouse á recta final do primeiro tempo, onde mesmo chegaron a ampliar a diferenza en tres tantos. Con todo, dous goles de Xoel Martínez antes do descanso comprimiron o marcador en 14-15.

Despois do descanso primou a igualdade, ata dúas exclusións case seguidas de Vinicius o Ribeiro aproveitounas para aumentar aos poucos a súa vantaxe. Aos cinco minutos foi de tres e aos 12 chegou a ser de cinco, algo que xa se antollaba complicado de cambiar (25-20).

Os de Lérez tentaron reaccionar pero os locais tiñan en Xoel Martínez (10 goles) e en Xacob Novoa (8 goles) os seus mellores armas para traspasar a zaga azul, e a pesar de que os de Irene Vilaboa trataron de que non se lles escapase o partido, terminando caendo por 31-28.

Consulta as estatísticas nesta ligazón