O Teucro formaliza a presentación dun ERTE para xogadores, técnicos e persoal administrativo

Pontevedra
26 de marzo 2020

O club pontevedrés é o terceiro da comarca en confirmar que se acolle a un Expediente de Regulación de Emprego Temporal (ERTE) derivado das consecuencias económicas que ten a suspensión da competición a causa do coronavirus

Partido entre o Teucro e o Palma del Río no Pavillón Municipal de Pontevedra
Partido entre o Teucro e o Palma del Río no Pavillón Municipal de Pontevedra / Diego Torrado

A Sociedad Deportiva Teucroxa confirmara hai días a súa intención de presentar en Expediente de Regulación de Emprego Temporal (ERTE)derivado das consecuencias económicas que ten a suspensión da competición a causa do coronavirus, pero agora formalizouno.

O club pontevedrés convértese na terceira entidade deportiva da comarca, tras Waterpolo Pontevedra e Marín Peixe Galego, en acollerse a esta medida extraordinaria para tentar sobrevivir á crise actual.

"Desde el principio lo valoramos pero estábamos a la expectativa de que se suspendiera definitivamente la competición", explica o ex-presidente teucrista e membro da xunta xestora, Carlos García-Alén.

Con todo, ante a falta de noticias por parte dos organismos reitores do balonmán nacional "se ha tramitado la solicitud ante el SEPE", confirma, despois de notificarllo aos traballadores afectados, todos eles con contratos que expiraban o próximo 31 de maio.

En concreto ven afectados pola medida 8 empregados entre xogadores do primeiro equipo, técnicos e persoal administrativo.

Agora só falta que o servizo público de emprego valore o expediente e responda se o acepta aínda que "entiendo que reunimos los requisitos", asegura García-Alén.

O Teucro segue así os pasos doutros equipos da Liga Asobal como o Cangas que foron os primeiros en dar o paso e anunciar publicamente a súa intención de acollerse a un ERTE na busca de asegurar a súa viabilidade.