O Waterpolo Pontevedra, primeiro club da cidade en anunciar oficialmente un ERTE
Por Redacción
O Club Waterpolo Pontevedra presentou a solicitude para a aplicación dun Expediente de Regulación de Emprego Temporal (ERTE) como consecuencia do parón da actividade polo coronavirus.
O club pontevedrés, explicou a través dun comunicado, a decisión de acollerse ao ERTE despois de valorar a situación do estado de alarma, xa que "existe unha alta probabilidade de que esta situación excepcional se prolongue no tempo máis aló deses 15 días inicialmente previstos", explican.
Por iso, o club manifesta que, por unanimidade da Xunta Directiva as medidas que se tomaron son as seguintes:
En primeiro lugar, suspenderán a cobranza das cotas de actividade aos deportistas do club ata que as condicións sanitarias permitan que se restableza o normal funcionamento das actividades con total seguridade para os deportistas, tendo que pagar a cota mensual de socio de 5 euros. En canto aos socios que realizaron un pago anual polo total da tempada, seralles devolta a parte proporcional correspondente á vez que dure este escenario.
É por iso, que ante a parada da actividade laboral e sen a principal fonte de ingresos do club (as cotas dos socios), decidiron presentar un ERTE e suspender temporalmente os contratos vixentes dos técnicos mentres esta situación continúe "co compromiso de volver contar co noso corpo técnico ao completo".
Por último, e co obxectivo de tentar manter a condición física dos seus deportistas, planificaron unhas sesións de adestramento semanais adaptadas ás distintas categorías do club e así facer máis facil o retorno á actividade normal cando sexa posible.
Relacionadas:
-
O Pontillón do Castro, nova 'casa' para o Waterpolo Pontevedra
Por Redacción |
-
Case 4 meses de espera chegan ao seu fin para o Waterpolo Pontevedra, que regresa á piscina
Por Redacción |
-
O Waterpolo Pontevedra pon fin ao ERTE dos seus adestradores e prepárase para volver á piscina
Por Diego Espiño |
-
O Teucro formaliza a presentación dun ERTE para xogadores, técnicos e persoal administrativo
Por Diego Espiño |
-
O Peixe Galego notifica a plantel e corpo técnico a súa intención de aplicar un ERTE
Por Diego Espiño |
-
A sombra do ERTE sobrevoa sobre os clubs deportivos da comarca
Por Diego Espiño |