O Teucro xa ten perfilada a súa pretemporada. O equipo de Luís Montes prepararase para competir en División de Honra Prata con cinco partidos amigables. O primeiro deles será o 10 de agosto en Cangas contra o Frigoríficos do Morrazo.
A Copa Galicia celebrarase entre o 12 e o 16 de agosto e o Teucro enfrontarase en primeira rolda ao A Cañiza. Unha vez concluída a súa participación no campionato autonómico estival, os azuis recibirán no Municipal ao Maia e ao Xiria. Será o día 17.
Os dous últimos encontros de preparación están previstos para o 24 de agosto en Vigo contra o Lavadores e, unha semana antes do inicio de liga, viaxarán a Asturias para medirse co Oviedo.
A competicion ligueira do equipo pontevedrés está fixada para o 15 de setembro a domicilio contra o Ciudad de Málaga. Para o debut en casa dos de Luís Montes haberá que esperar ata o día 22, cando recibirán no Municipal ao Villa de Aranda.