O Teucro conquista a cancha do Lalín (26-31)

Pontevedra
14 de xaneiro 2023

A Sociedad Deportiva Teucro conquistou a cancha do Lalín no primeiro partido do ano. Os de Irene Vilaboa foron un revulsivo antes de chegar ao descanso e noquearon ao seu rival nada máis saír dos vestiarios, chegando mesmo a facerse cun colchón de 10 goles de diferenza  

Partido entre Teucro e Lavadores no Pavillón Municipal Cristina Saiz

A Sociedad Deportiva Teucro conquistou a cancha do Lalín no primeiro partido do ano. Os de Irene Vilaboa foron un revulsivo antes de chegar ao descanso e noquearon ao seu rival nada máis saír dos vestiarios, chegando mesmo a facerse cun colchón de 10 goles de diferenza.

E é que tras un inicio de duelo completamente igualado, os xogadores de Lérez puxéronse as pilas a falta de dez minutos para o intermedio, xa que ata ese momento o marcador mostraba un empate a oito.

Pero o visto ata ese momento foi un espellismo do que ocorreu a partir de aí xa que o Teucro, secundado pola boa defensa e o seu gardameta, convertéronse nunha apisoadora asinando un parcial de 1-7 co que se alcanzou o descanso (9-15).

Seguiron os xogadores azuis co seu bo facer ata o momento e sentenciaron ao seu rival ao comezo da segunda parte cun 10-20 cando se cumpriron os oito minutos.

A partir de aí o Teucro só tivo que aguantar o intento de reacción dun Lalín que se apagou e quixo reaccionar demasiado tarde para só ser capaz de maquillar o resultado (26-31).