O Teucro aférrase á vitoria ante o Ribeiro (26-23)

Pontevedra
20 de xaneiro 2024

Suma e segue a Sociedad Deportiva Teucro, que conseguiu un novo triunfo contra o BM Ribeiro para seguir na loita polas primeiras prazas de Primeira Nacional  

Teucro - BM Ribeiro Cristina Saiz

Suma e segue a Sociedad Deportiva Teucro, que conseguiu un novo triunfo contra o BM Ribeiro para seguir na loita polas primeiras prazas de Primeira Nacional.

Comezou o encontro igualado e non foi ata o minuto 10 de xogo cando o cadro pontevedrés empezouse a mostrar superior e tomou a dianteira no marcador. 

A partir de aí todo foi carne sen ósos, bo traballo en defensa e boas definicións en portería contraria para enviar o enfrontamento ao descanso cun resultado de 15-10.

Tras o paso polos vestiarios seguiu facendo das súas o equipo adestrado por Irene Vilaboa, que conseguía no minuto 13 da segunda metade colocarse cun importante colchón de seis goles que parecía moi difícil de voltear.

Con todo, a exclusión de Xurxo Rivas foi o detonante do mal devir do partido para os locais, que recibiron un parcial de 2-7 que colocaba aos de Ourense a tan só un gol do empate a falta de 8 minutos para a conclusión (23-22).

Perigaba a vitoria dos pontevedreses e a adestradora pediu tempo morto. Andrés Pérez fixo o 24-22, o técnico local fixo o propio, e Celso Sotelo transformou o 24-23 que daba paso aos minutos delicados nos que os nervios e a tensión empezaba a pasar factura.

Non había tempo para cometer erros e foi o Teucro o que amornou mellor a ansiedade de vitoria. Andrés Pérez e Dani Pintus saíron ao rescate e foron finalmente os de Lérez os que sumaron dous importantes puntos que os manteñen en cuarta posición.

Consulta as estatísticas nesta ligazón