O novo proxecto da Sociedad Deportiva Teucro empeza a tomar xa forma, con ata 10 xogadores confirmados para un plantel que competirá por segundo curso consecutivo na Primeira Nacional.
O último en sumarse ao equipo foi a primeira fichaxe do verán, o extremo esquerdo Daniel Vicente Pintus.
Trátase dun xogador que procede do Balonmán Reconquista de Vigo e que conta con ampla experiencia na categoría tras militar previamente en equipos como o Bueu, BM Cañiza e Atlético Novás, con quen logrou un ascenso a División de Honra Prata.
"Estamos entusiasmados de contar con el durante esta tempada", sinalou o Teucro tras facer oficial a incorporación.
Ademais nos últimos días o vicedecano confirmou ademais as renovacións do braliseño Rhuan Marchette e de Brais Cerviño, nomes que se suman a Miguel Jiménez Pello, Martín Fernández, Caue Herrera, Sergio Blond, Marko Dzokic, Miguel Monteagudo e Xurxo Rivas, ademais da adestradora Irene Vilaboa.