O Team Thunder apura os preparativos para a II Copa Galicia de Boxeo

Marín
06 de marzo 2019

A velada, que enfrontará ás seleccións galega e catalá de boxeo, celebrarase o próximo día 16 de marzo no pavillón da Cañota

Copa Galicia de boxeo na Cañota Diego Torrado

Achégase o día e o Team Thunder apura os preparativos para a xornada de boxeo que acollerá o próximo día 16 de marzo.

O pavillón marinense da Cañota será escenario por segundo ano a Copa Galicia de Boxeo, un evento que comezará ás 20:30 horas e enfrontará á selección galega contra a selección catalá. 

Serán un total de 5 os combates que compoñan a Copa Galicia, pero a velada contará con 10 enfrontamentos programadas para ao redor de 2 horas de duración.

Segundo confirmou a organización, por Galicia competirán Kike García, Álex Barros, Goyo Rubio, Berto Loureiro e o local Aarón González, campión nacional que volverá boxear ante o seu público.

As entradas para asistir ao evento teñen un custo de 10 euros en venda anticipada e de 12 euros en despacho de billetes.