O Team Thunder amplía as súas miras e leva o boxeo a Bueu

Bueu
04 de febreiro 2020

Tras uns anos impartindo boxeo en Marín e en Sanxenxo, o club empezará a impartir leccións no municipio de Bueu a partir deste mes de febreiro

Aarón González e Mario Peteiro na velada de boxeo disputada en Sevilla Team Thunder Marín

O boxeo súmase desde este mesmo mes de febreiro á oferta deportiva de Bueu da man do Team Thunder. 

O club marinense, co apoio do Clube de Loita Do Morrazo, amplía as súas miras e empezará este mércores día 5 a impartir clases no pavillón municipal Pablo  Herbello.

As leccións correrán a cargo dos deportistas e adestradores Aarón González e Mario Peteiro. O primeiro, ademais de campión de España, é adestrador  nacioanl, mentres que Mario conta con máis de 30 combates ás súas costas e é monitor e técnico de nivel I acreditado pola Xunta de Galicia.

As clases de boxeo impartiranse os mércores e venres a partir das 19:00 horas para todos os niveis e coa posibilidade de adestrar con ou sen contacto.

O Team Thunder chega desta forma ao seu terceiro municipio, tras as actividades que vén realizando nos últimos anos en Marín e Sanxenxo.