O Team Farto presenta o equipo para a súa segunda tempada na elite

Pontevedra
31 de xaneiro 2022

O equipo fórmano as españolas Carla Fernández, Claudia García, Sabela Rey, Marga Capellá, Pilar JIménez, Marta Romeu e Marta Rosillo, así como a canadiense Marie Soleis Blais, a sudafricana Azulde Britz, a chipriota Antri Christoforou, a mexicana Ariadna Gutiérrez e a letona Lina Svarinska.

O Team Farto presenta o seu equipo para a tempada 2022 no Pazo da Cultura Mónica Patxot

O Pazo da Cultura de Pontevedra acolleu este luns a presentación da aliñación do Team Farto-BTC para este 2022, no que o primeiro equipo ciclista profesional feminino de Galicia volverá a competir por segundo ano consecutivo na categoría europea UCI Continental.

No acto, ao que acudiu o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda; e o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores; presentáronse todas as integrantes do club, desde as catro que renovaron o seu compromiso ata as oito novas fichaxes.

O plantel do Farto para este ano mestura talento local e internacional. O aceno galego o porán Carla Fernández, Claudia García e Sabela Rey. Marga Capellá, Pilar JIménez, Marta Romeu y Marta Rosillo completan a nómina nacional.

E para subir o nivel do equipo no pelotón, o Team Farto conta coa experiencia da canadiense Marie Soleis Blais, a sudafricana Azulde Britz, a chipriota Antri Christoforou, a mexicana Ariadna Gutiérrez e a letona Lina Svarinska.

Trátase dun equipo moi novo, cunha idade media de 23 anos, e con moitas caras novas, pero que xa sabe o que é gañar, pois dúas das corredoras xa saben o que é gañar un título nacional.

O feito de que o equipo pontevedrés afronte a súa segunda tempada en división profesional europea contribuirá a levar o nome de Pontevedra, as Rías Baixas e Galicia por toda España e tamén noutros países neste Xacobeo 21-22. Por iso, destacou o vicepresidente que contar cun equipo de ciclismo feminino como o Team Farto-BTC na elite mundial supón un plus para a promoción de Galicia e do Camiño de Santiago a nivel internacional.