O Rallye Rías Baixas volverá pasar por Ponte Caldelas

Ponte Caldelas
28 de xuño 2024

A 57 edición do Rallye Recalvi Rías Baixas pasará por terceiro ano consecutivo polo municipio de Ponte Caldelas. Trátase dunhas das citas do mundo de motor de maior tradición na provincia, celebrarase do 4 ao 6 de xullo e terá en Vigo o seu epicentro

Presentación en Ponte Caldelas da 57 edición do Rallye Recalvi Rías Baixas Concello de Ponte Caldelas

A 57 edición do Rallye Recalvi Rías Baixas pasará por terceiro ano consecutivo polo municipio de Ponte Caldelas.

Trátase dunhas das citas do mundo de motor de maior tradición na provincia, celebrarase do 4 ao 6 de xullo e terá en Vigo o seu epicentro.

En total serán 74 os equipos que percorrerán os 135 quilómetros cronometrados por oito municipios. A competición empeza o xoves 4 coas verificacións técnicas en Samil e xa pola tarde, a caravana trasládase a Policarpo Sanz, desde onde arrincará a proba ás 20:30. Alí, en pleno centro da cidade, durmirán os coches eses días para que os afeccionados poidan contemplalos.

O venres pola mañá, o Monte Alba presenciará o tramo de clasificación para elixir a orde de saída, mentres que pola tarde, Ponte Caldelas formará parte da carreira con dous tramos (4 pasadas).

Xa o sábado, o Rías Baixas botará o pano correndo por Nigrán, Gondomar, Porriño e Salceda, para acabar en Vigo.

Á cita do Supercampeonato de España chega líder provisional José Antonio 'Cohete' Suárez, co Skoda Fabia do equipo Recalvi; Alejandro Cochón, aos mandos do Toyota GR Yaris do equipo MSi, é segundo; e Diego Ruiloba é o terceiro clasificado co Citroën C3 Rally2.