O portonovés campión de España de tiro ao plato, Adán Güimil, recibido en Sanxenxo

Sanxenxo
02 de setembro 2021

O tirador, que se subiu ao podio en todas as competicións nas que participou desde o 2016, xa prepara o seu asalto aos Xogos Olímpicos de París

O tirador portonovés Adán Güimil é recibido no Concello de Sanxenxo Concello de Sanxenxo

O alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, e o concelleiro de Deportes, Daniel Arousa, recibiron ao portonovés, Adán Güimil, proclamado a pasada fin de semana campión de España de tiro ao prato en Valladolid cunha marca récord, 198 pratos rotos de 200.

Con 29 anos, este veciño de O Fabal logrou subir ao pódium en cada unha das competicións deportivas nas que participou desde 2016 con máis dunha decena de premios nas distintas modalidades tanto a nivel nacional como internacional cun segundo posto no V Campionato de Europa de Trap 5 celebrado en Pervidem (Portugal).

Tanto Martín como Arosa mostráronlle o seu "orgullo por manter sempre unha actitude moi positiva e por todos os logros acadados na súa curta, pero intensa carreira deportiva".

Adán Güimil centrarase agora no adestramento no foso olímpico coa mirada posta nos próximos Xogos Olímpicos de París.