O pontevedrés Cristian Fernández, campión da Copa de España de Natación en Augas Abertas

Pontevedra
27 de setembro 2021

O deportista do Club Natación Galaico fíxose co título en categoría elite tras asinar un cuarto posto na etapa final celebrada a fin de semana en Málaga. Pablo Martín e Alicia Bouzas redondearon o papel do club pontevedrés con senllos terceiros postos en categoría júnior

Equipo do Galaico na etapa final da Copa de España de Augas Abertas Club Natación Galaico

Grandes resultados para o Club Natación Galaico no peche da Copa de España en Augas Abertas.

O club pontevedrés pode presumir de ter nas súas filas a todo un campión do certame, Cristian Fernández, ao lograr impoñerse na categoría elite masculina. Fernández foi cuarto na etapa final celebrada a fin de semana en Málaga, o que lle valeu para asegurarse o primeiro posto da xeral.

Ademais Alicia Bouzas concluíu terceira na categoría de Júnior 1 e tamén na clasificación conxunta da Copa de España.

O resultado do Galaico redondeouno Pablo Martín cun terceiro posto na xeral Júnior Masculina tras un quinto posto na travesía de Málaga. Pola súa banda Ana Pérez quedouse ás portas do podio ao ser cuarta na categoría elite feminina.

Na clasificación por clubs, a entidade pontevedresa ha finalizado nunha meritoria segunda posición.