Nova cita internacional para o pontevedrés Carlos Álvarez.
O extremo do Club Cisne Balonmán, premiado como mellor xogador do recente Campionato de España Cadete que disputou en Pontevedra co seu equipo, foi convocado pola Selección Española Promesas para participar no Campionato de Europa Open da categoría que se celebrará do 1 ao 5 de xullo en Suecia.
Álvarez foi incluído na lista de 16 xogadores publicada este martes polo seleccionador nacional, Francisco Martí.
A Selección concentrarase o día 27 de xuño ás ordes do técnico valenciano para disputar preparar o torneo no que as Hispanos Promesas terán que enfrontarse a seleccións como Noruega, Xeorxia, Israel, Estonia e Illas Feroe na fase de grupos.
Está previsto que o día 30 de xuño o combinado nacional poña rumbo á cidade sueca de Göteborg para concentrarse alí de fronte ao torneo, no que se estrearán o 1 de xullo ante Xeorxia.
A convocatoria da Hispanos Promesas, na que aparece tamén o lalinense Juan Enrique Lago, compóñena:
- Portería: Carlos Honrado (Abanca Ademar León), Daniel Martínez (Levante UD Marni)
- Central: Jan Gurri (Fraikin Granollers), Ignacio Salgado (Ikasa Madrid), Daniel Serrano (Pedro Alonso Niño de Moguer), Bruno Reguart (Barça Lassa)
- Lateral Dereito: Juan Enrique Lago (CB Lalín)
- Lateral Esquerdo: Álex Lodos (Abanca Ademar León), Julen Urruzola (Elgoibar KE), Eneko Furundarena (Usurbil KE)
- Extremo Dereito: Antonio Martínez (Abanca Ademar León), Carlos Álvarez (CB Cisne)
- Extremo Esquerdo: Martí Soler (Barça Lassa), Óscar Marugán (Viveros Herol Nava)
- Pivotes: Artur Parera (Barça Lassa), Javier Rodríguez (Secin Group Alcobendas)