O Pontevedra xogará un partido de homenaxe a Yuri de Souza contra a Ponferradina

Pontevedra
22 de agosto 2024

O encontro de homenaxe ao futbolista brasileiro, recentemente retirado, disputarase o mércores 18 de setembro no Toralín, segundo confirmou o presidente do club berciano

Rolda de prensa de Yuri de Souza co presidente da Ponferradina, José Fernández Nieto SD Ponferradina

A Sociedad Deportiva Ponferradina convidou ao Pontevedra Club de Fútbol a render homenaxe a Yuri de Souza, toda unha lenda do club berciano que esta tempada colgou definitivamente as botas.

Será nun partido de homenaxe que se xogará o mércores 18 de setembro en El Toralín, segundo confirmou este xoves o presidente da Ponferradina, José Fernández Nieto, nunha roda coinjunta co xa ex-futbolista brasileiro, que pasa a formar parte da secretaría técnica da entidade.

"Vamos a hacer un partido de homenaje a Yuri. Será el 18 de septiembre a las 20:00 horas ante el Pontevedra, el club en el que empezó en España", explicou Fernández Nieto.

Mediranse desta forma o primeiro club español no que xogou Yuri, o granate, e o seu último equipo, unha Ponferradina na que militou ao longo de 15 tempadas, muhcas delas na Segunda División.

Yuri defendeu as cores do Pontevedra durante tres tempadas (05-06, 06-07 e 08-09), unha etapa na que anotou 58 goles compartindo unha estrañada e lembrada dianteira co seu irmán Igor e o seu curmán Charles Dias.