A eliminatoria de oitavos de final da Copa Federación entre Pontevedra e Navalcarnero decidirase o día 23 de xaneiro na volta, despois do empate sen goles rexistrado este mércores no Estadio Municipal de Pasarón nun encontro condicionado pola expulsión de Mouriño no minuto 40 de xogo.
Só David Castro repetía no once inicial con respecto ao choque de liga ante o Castilla, entrando ademais no equipo dous canteiráns como Rivera e Antón.
O partido iniciouse cunha rápida ocasión para os granates, nun centro desde o costado zurdo rematado de cabeza por Campillo ás mans de Héctor, e respondeu só dous minutos despois o conxunto madrileño cun lanzamento de falta afastado de Ángel no que Ualoloca confiouse pensando que marchaba alto e que terminou rozando o traveseiro.
Ese ritmo inicial foi descendendo co paso dos minutos, dando paso a un choque de pouca intensidadee con pouco destacable nas áreas. Foi así ata cinco minutos antes do descanso, cando o Pontevedra quedou eninferioridade numérica tras unha dura entrada de Mouriño que o colexiado interpretou como xogo violentoensinando unha tarxeta vermella directa que parecía excesiva.
Tras esa acción, que provocou unha lixeira lea e concluíu con dúas cartolinas máis, unha por equipo, entrouse nuns minutos de maior tensión ata o descanso que puideron terminar con Pedro Vázquez, un dos amoestados, na caseta tras unha falta que ben podía ter suposto a súa segunda amarela.
Tras o intermedio todo volveu á normalidade. Os granates non arriscaban pero tampouco pasaban apuros. Chegaron os cambios e pasaron os minutos e só no tramo final o Navalcarnero deu un paso á fronte para roldar a área granate e buscar un gol que podía poñerlle de fronte a eliminatoria. Resistiu o Pontevedra, que mesmo puido gañar no desconto nunha boa ocasión de Adrián León, que rematou coa cabeza en posición vantaxosa pero sen a potencia necesaria para poñer en verdadeiros problemas ao porteiro.
Os minutos finais deixaron ademais unha boa noticia, o regreso aos terreos de xogo de Álex Fernández despois de tres meses de baixa por lesión.
PONTEVEDRA CF (0): Ualoloca, Juan, Nacho Lorenzo, Campillo, David Castro (Álex Fernández, minuto 76), Jesús, Antón (Adrián León, minuto 62), Pedro Vázquez (Iñaki, minuto 46), Rivera, Mouriño, Pibe.
CDA NAVALCARNERO (0): Héctor, Stevens, Rodri, David López, Ariel, Carlos (Esnáider, minuto 78), Fran Santano (Juanito, minuto 59), Abu, Ayoub, Astray (Delpozo, minuto 67), Ángel.
Árbitros: Luis Lois Carro axuliado nas bandas por César Montes e Nacho Limetre. Amoestou a Pedro Vázquez no Pontevedra e a Héctor e Ariel no Navalcarnero. Expulsou por vermella directa ao local Mouriño eno minuto 40.
Incidencias: Partido de ida de oitavos de final da Copa Federación disputado no Estadio Municipal de Pasarón ante ao redor de 300 personas.