O Pontevedra renova a Santi, Martín Diz, Álvaro Cortés e anuncia a fichaxe de Diego Seoane

Pontevedra
02 de xullo 2021

Coa renovación do gardameta Cortés, o cadro de Pasarón pecha a portería da próxima tempada na que tamén estará Cacharrón. O conxunto de Pasarón segue sen adestrador

Santi Figueroa, nun adestramento do Pontevedra 20-21 en Pasarón Mónica Patxot

A última hora da tarde, o Pontevedra anunciou novos movementos na planificación do plantel da próxima tempada. O conxunto granate fai oficial a renovación dos canteiráns Santi Figueroa e Martín Díz, así como do porteiro Álvaro Cortés.

Coa continuidade do gardameta que acabou gañándose a titularidade a metade de tempada, o equipo de Pasarón ten xa pechada a portería do próximo curso, na que Cortés terá que competir polo posto co recentemente fichado Cacharrón.

No apartado de altas, a dirección deportiva do Pontevedra confirma a fichaxe do lateral Diego Seoane procedente do Racing de Ferrol. O veterano lateral galego competirá por un posto no lateral dereito con Santi Figueroa.

O Pontevedra avanza deste xeito na confección do plantel que terá que loitar polo ascenso a 1ª RFEF á espera da contratación dun adestrador.