O Pontevedra prescinde de Luisito

Pontevedra
23 de xuño 2021

O técnico de Teo reuniuse este mércores no Estadio Municipal de Pasarón coa presidenta do Pontevedra, Lupe Murillo, e o director deportivo, Toni Otero, quedando descartada a súa continuidade no cargo

Luisito no partido entre Pontevedra e Real Oviedo Vetusta en Pasarón Cristina Saiz

José Luis Míguez 'Luisito' non seguirá sendo adestrador do Pontevedra Club de Fútbol a próxima tempada.

Un mes despois de que finalizar a competición, o técnico de Teo mantivo unha reunión este mércores no Estadio Municipal de  Pasarón coa presidenta do club, Lupe Murillo, e o director deportivo, Toni Otero. 

Nese encontro quedou descartada a súa continuidade no banco granate, poñendo así fin á súa segunda etapa no Pontevedra debido a diferentes posturas que non terían que ver co apartado económico, senón máis ben con falta de entendemento coa dirección deportiva.

Luisito, cuxa intención era continuar no cargo, substituíu mediada a tempada a Jesús Ramos, sen chegar a poder endereitar un rumbo que se torcera e que levou ao equipo para chegar á última xornada coa necesidade de evitar o descenso á Terceira RFEF.

Descartada a renovación de Luisito o Pontevedra negocia agora a incorporación do novo adestrador coa previsión de poder pechar a súa fichaxe esta mesma semana.