O Pontevedra pecha a súa pretempada con triunfo na Estrada (0-3)

Pontevedra
17 de agosto 2022

O conxunto granate pechou os seus duelos de preparación cun triunfo no que os seus dianteiros, Charles e Rufo, demostraron ter o olfacto de gol intacto de cara ao comezo da competición

Once inicial do Pontevedra na amigable fronte ao Estradense
Once inicial do Pontevedra na amigable fronte ao Estradense / Pontevedra Club de Fútbol SAD

A pretempada do Pontevedra Club de Fútbol chegou ao seu fin este mércores no que a partidos amigables se refire, coa visita dos granates ao campo do Estradense da Terceira RFEF.

Os de Antonio Fernández pecharon os seus duelos de preparación cun triunfo no que os seus dianteiros, Charles e Rufo, demostraron ter o olfacto de gol intacto de cara ao comezo da competición.

O técnico, coa dúbida de que sucederá cos laterais ante os problemas físicos de varios xogadores, presentou un once bastante recoñecible e que se pode parecer ao que se verá na primeira xornada de liga. Era tamén a última oportunidade de ver en acción ao defensor Derik Osede antes de decidir se se incorpora oficialmente ao plantel.

Así, con Álvaro Cortés en portería, partiron desde o inicio Ángel Bastos e o canteirán Sergio Abal nos laterais, con Derik e Soto no centro da zaga, Miguel Román e Yelko Pino na medular, Oier Calvillo e Rubio nos costados ofensivos e Brais Abelenda e Charles na punta.

Precisamente o ariete brasileiro estivo preto de adiantar aos seus nada máis comezar, algo que conseguiría finalmente no minuto 37 aproveitando un centro de Oier Calvillo.

Co 0-1 chegouse ao descanso, momento no que Borja Domínguez ingresou ao campo por Derik e Rufo en lugar de Charles, e o dianteiro madrileño tardou só seis minutis en ver porta para facer o segundo tanto do encontro. Pouco despois, no minuto 59, poñería tamén o 0-3 no marcador.

No Pontevedra acabaron xogando ademais Mario Ortiz (por Yelko Pino), Velantín (por Brais), Martín Diz (por Oier Calvillo) e Rachu (por Alberto Rubio).