O Pontevedra non gaña ningún cruce do Carneiro ó Espeto e o Celta B consegue o trofeo

Pontevedra
27 de xullo 2019

O Fabril completou o cartel da L edición da competición que se desenvolveu no campo Mirallos de Moaña e que o pasado ano rematou co cadro granate como vencedor

O Pontevedra CF durante os partidos do Trofeo Carneiro ó Espeto Diego Torrado

O estadio Mirallos de Moraña acolleu este sábado o L Trofeo Triangular Carneiro ó Espeto, no que, nesta ocasión, tomaron parte o Pontevedra CF, como xa é habitual, o Fabril e o Celta B. Un cartel que foi reclamo para un gran número de espectadores, que acudiron ás instalacións da competición, enchendo a bancada e arredores do campo.

A cita foi a segunda proba da pretemporada para o cadro granate, que este mércores conseguiu que o trofeo do Luís Otero quedase en casa ao derrotar ao Racing de Ferrol no Estadio Municipal de  Pasarón (1-0).

A competición triangular comezou cun empate a ceros entre o Fabril e o Celta  B.

A continuación, foi a quenda do Pontevedra, que comezou enfrontándose ao Celta B. Luismi apostou por un primeiro once bastante atrevido composto por Brian, Santi, Nacho López, Garrido, López, Sa, Antón, Guisande, Mouriño, Àlex González e Rivera. A pesar de tentalo, non resultou como esperaban. Aos 12 minutos do asubío inicial, os vigueses sumaban, por medio de Apeh, o seu primeiro tanto, seguido, a pouco do final, por un segundo gol do mesmo. Cun 2-0, o Pontevedra preparábase para o último cruzamento da xornada xa sen opción de repetir o triunfo do pasado ano en Moraña.

Para o choque ante o Fabril, o técnico local optou por un persoal titular moi distinta formada por Edu, Expósito, Campillo, Churre, Naveira, Sa, Álex Fernández, Javi López, Romay, Bustos e Berrocal. Comezou de fronte para os granates. Aos dous minutos de xogo, Álex marcou o 1-0 de penalti, achegando esperanzas de vitoria ao seu equipo. Con todo, despois de media hora con vantaxe no marcador, o cadro coruñés consegue empatar o envite (1-1), algo ao que os pontevedreses xa non lograron poñer remedio, desaproveitando a oportunidade e renunciando ao trofeo.

Finalmente, o Celta  B conseguiu terminar vencedor ao sumar una unha vitoria e un empate, fronte aos dous empates do Fabril, na L edición do Triangular Carneiro ó Espeto.