O Pontevedra 'iza velas' coa súa campaña de socios para a Primeira RFEF

Pontevedra
21 de xullo 2022

O club granate presenta e activa a súa campaña de abonados, que apela á "tradición mariñeira da cidade", cunha lixeira subida nas cotas que "cremos que está bastante xustificada", asegura o director deportivo do Pontevedra, Marcos del Río

Presentación da campaña de abonados do Pontevedra CF para a tempada 22-23 Mónica Patxot

O Pontevedra Club de Fútbol presentou este xoves una das informacións máis esperadas cada verán polos seus afeccionados, a súa campaña de socios para o que será a súa estrea na Primeira RFEF.

Baixo o lema 'Izando velas' o club granate presenta "unha campaña cuxa proposta temática é a tradición mariñeira da cidade, xa que navegamos cara ás augas descoñecidas da Primeira RFEF", explico o director xeral do club, Marcos del Río, asegurando que "estamos seguros que coa tripulación adecuada e con todos a bordo o barco granate chegará a bo porto".

Para eles o prezo dos carnés increméntanse lixeiramente con respecto á pasada campaña, algo que "cremos que está bastante xustificado", aínda que se trata dunha subida contida.

En concreto para as renovacións do público xeral fixouse unha cota de 220 euros en Tribuna, 150 euros en Preferencia e 100 euros nos fondos (o curso pasado as cotas eran de 200, 130, 80 e 75 euros respectivamente). No que respecta a a categoría bonificada (xubilados, desempregados e estudantes), que desaparece nos fondos, custarán 160 euros en Tribuna e 100 euros en Prerencia. Pola súa banda para o público novo, que modera os seus prezos, as renovacións custarán 50 euros en Tribuna e 40 euros no resto de bancadas.

No que respecta a as novas altas, os prezos serán de 240 euros en Tribuna, 180 euros en Preferencia e 125 euros nos fondos, para os bonificados 200 euros en Tribuna e 130 en Preferencia e para o público novo 80 euros en Tribuna e 50 no resto das bancadas.

A categoría bonificada desaparece nos fondos, ao igual que o carnet 'Diáspora granate'

Por último os abonos de Palco teñen un custo de 600 euros e os Baby, ata os 7 anos de idade, mantéñense nos 10 euros.

Os abonos darán acceso a todos os partidos da tempada do Pontevedra como local, empezando polo Trofeo Luís Otero e seguindo cos encontros de Liga, Copa do Rey e un eventual play-off, confirmou Marcos del Río.

A campaña conta ademais coa colaboración de Nerea Fernández (Pontearte), grazas á que se compartirán "historias coñecidas e non tan coñecidas da cidade".

Todos os interesados en retirar o carné poden facelo fisicamente nas oficinas do club, no Estadio Municipal de Pasarón (luns a venres de 9.00 a 19.00 horas), e as renovacións poderán xestionarse proximamente de maneira telemática. 

Por último, o Pontevedra sinala que o Abono Familiar supoñerá un 10% de desconto en todos os carnés, desaparecendo a categoría 'Diáspora granate', pensada para aqueles afeccionados residentes fóra de Pontevedra pero que querían manter o seu número e antigüidade como socios.