Sete reforzos no mercado invernal para intentar saír dunha situación extrema que lle presenta como un claro candidato ao descenso de categoría. Intentando esgotar as súas opcións e alimentar as súas esperanzas de permanencia chega a Pasarón (domingo, 17:00 horas) un Cultural Areas que non consegue cambiar o seu rumbo, malia os cambios no seu equipo.
Os de Fonsi Valverde sumaron só 3 puntos dos últimos 21 posibles, froito dunha única vitoria (sobre As Pontes) e seis derrotas. A domicilio só foron capaces de vencer a Bergantiños e Bertamiráns, pero tamén sumaron puntos, froitos de senllos empates, en campos tan complicados como Abegondo, fronte ao Deportivo B, ou Vista Alegre, ante o ÿrdenes.
Estes datos precisamente son os que fan que Luisito non queira alegrías nin confianzas. O técnico de Teo sabe que o seu equipo é superior, pero para plasmar esa teórica superioridade no marcador debe empregarse a fondo dende o comezo, para evitar sorpresas desagradables e manter a distancia sobre os seus perseguidores.
O colexiado encargado de dirixir o encontro será ÿscar Carballo Vázquez (Lugo), auxiliado nas bandas por Sergio Manjón Villazala e César García Peñacoba.
Adrián, Capi e Pedro García son baixas nos granates, que recuperan a Campillo
Con Adrián, sancionado, e Capi e Pedro García, aínda lesionados, os granates recuperan a Campillo, que pode ser a opción utilizada por Luisito para substituír o capitán na banda dereita defensiva.
Os restantes 18 xogadores que integran o primeiro equipo están dispoñibles, despois de ser todos convocados por Luisito, como adoita facer nos partidos de Pasarón, polo que unha semana máis deberá descartar a dous deles instantes antes do partido. Falta por ver se neses descartes se produce algunha novidade, como podería ser a entrada entre os 16 de Fran Fandiño, co fin de poder darlle minutos, se a marcha do partido o permite, despois da longa lesión sufrida.