O Poio Pescamar ten nas súas filas a unha das cinco mellores xogadoras da liga italiana

Poio
31 de agosto 2022

Marta Peñalver, chegada este verán á Seca, acaba de ser elixida mellor ala dereita da tempada pasada polo seu rendemento no Città dei Falconara, co que conseguiu o triplete

Marta Peñalver (dereita) no partido entre Poio Pescamar e Roldán na Seca da temporada 15/16 Diego Torrado

O Poio Pescamar ten no seu plantel a unha das mellores xogadoras da liga italiana.

Marta Peñalver, a ala dereita chegada este verán procedente do Città di Falconara, acaba de ser elixida mellor xogadora da primeira división do fútbol sala italiano na súa posición.

Ademais de Peñalver, outras dúas ex compañeiras súas comoponen o quinteto ideal da pasada campaña en Italia. O pasado curso, o antigo equipo da nova xogadora vermella conquistou o triplete: liga, copa e supercopa.

Formar parte do quinteto ideal non é o único recoñecemento individual que conseguiu Peñalver, durante a súa estancia no país transalpino, no que aterrou no 2016. Cando militaba no Futsal Femminile Cagliari foi a máxima goleadora da categoría.