Nove tempadas consecutivas leva o Poio Pescamar na máxima categoría do fútbol sala feminino nacional, un período no que non deixou de crecer a nivel deportivo e de apoios.
O último chegou desde Estrella Galicia, que se suma á lista de patrocinadores oficiais do equipo.
O club conserveiro contará con Estrella Galicia e Cabreiroá como cervexa e auga oficiais durante as próximas dúas tempadas.
"Para o noso club é un orgullo unirnos a unha empresa como Estrella Galicia", afirma o presidente vermello, Juanjo García.
Por iso están "agradecidos do apoio importante para seguir loitando pola profesionalización e a igualdade no deporte profesional".