O Poio Pescamar segue condenado a perder en cuartos de Copa, esta vez ante o Ourense Envialia (1-0)

Poio
14 de xuño 2019

Un gol de Laura Doce no tramo final do partido arrebátalle ás pontevedresas a oportunidade de meterse en semifinais e de facer historia 

Partido de liga entre Poio Pescamar e Ourense Envialia Diego Torrado

O Poio Pescamar viaxou este venres a Burela para disputar o partido correspondente aos cuartos de final da Copa da Raíña contra o Ourense. Nesta ocasión, as de Dani Díaz tiñan a oportunidade, non só de optar a xogar as semifinais da competición, senón tamén a facer historia e conseguir pasar, por primeira vez, da fase de cuartos.

Con todo, despois dun partido sen goles, un tanto no último minuto de Laura Doce frustrou as esperanzas do equipo da Seca e puxo punto e final para elas na cita.

Ambos os equipos pisaron con ganas a pista desde o primeiro momento. A primeira ocasión perigosa foi das ourensás, que, cun tiro temperán, obrigaban ás  "rojillas" a apertar no plano defensivo. Estas responderon pouco despois cun disparo de media distancia, que poñía as expectativas do partido moi altas.

A presión do Poio en primeira liña reportáballes ás súas varios roubos de balón que non achaban o camiño ao gol, ante un Ourense que buscaba ampliar as súas posesións. Nunha falta, Iria enviaba o balón ao pau, sendo a oportunidade máis clara de todo o partido, desaproveitada. Finalmente, marcháronse ao descanso coa mesma igualdade do inicio do partido reflectida no marcador.

Coa reanudación, a dinámica foi a mesma que no final da primeira metade. Con todo, a medida que ían transcorrendo os minutos, o Ourense conseguía asustar ás pontevedresas coa sucesión de varias ocasións de gol por parte de Bea Seijas e Candela. A partir dese tramo, as primeira comezaron a mostrarse notablemente máis cómodas, ante unhas rojillas que optaron por xogar en defensa.

Con todo, o letargo das de Díaz rompeu cunha trilple acción de perigo aos oito minutos do inicio do segundo tempo. Con dúas escuadras moi centradas no xogo ofensivo, chegaba o tramo final do choque, aínda con todo por decidirse. Cando todo apuntaba a que a prórroga sería inevitable, un gol de Laura Doce de rebote (no último minuto) tras un disparo de Marta, acababa de dar o pase ás ourensás á ansiada semifinal.

O Poio tratou de buscar, por todos os medios, o empate, pero o tempo jugaba na súa contra e non quedou outra que asumir o regreso a casa.

OURENSE (1): Vane Barberá; Chiki, Laura Doce, Marta, Sara Moreno (quinteto inicial), Candela, Judith, Bea Seijas, Vera e Mery.