O Poio Pescamar elixe capitás e dorsais antes do debut na liga

Poio
15 de setembro 2023

O conxunto conserveiro mira xa cara ao seu esixente debut ligueiro, que terá lugar este sábado 16 de setembro na pista do Burela

Adestramento do Poio Pescamar 23-24 PontevedraViva

O Poio Pescamar mira xa cara ao seu esixente debut ligueiro, que terá lugar este sábado 16 de setembro na pista do Burela (18.30 horas), un dos rivais máis potentes da competición.

"Sendo un dos equipos máis fortes case o prefiro un pouco ao principio como é agora pero non me parece determinante", asegura o técnico conserveiro, Luís López-Tulla.

O preparador vermello cre que esta tempada "vai ser unha liga máis difícil, a menos puntos", e móstrase confiado en como chega o seu equipo ao comezo de tempada porque "estamos nun punto parecido ao que o deixamos", tras finalizar a liga regular en segundo lugar e xogar o play-off polo título de liga.

Polo menos "creo que a preparación foi boa", asegura.

Antes do debut, o Poio Pescamar elixiu ás que serán as capitás do plantel esta próxima tempada. A honra recaerá en Irene, no que é o seu sexto curso na Seca, Martita (terceiro ano) e Elena Aragón (segunda campaña).

Doutra banda as futbolistas elixiron os dorsais cos que competirán, e que son:

  • 1- Elena
  • 4- Sandra Buzón
  • 6- Laura Uña
  • 7- Ale de Paz
  • 8- Martita
  • 9- Anna
  • 10- Elena Aragón
  • 14- Irene
  • 17- Marta
  • 18- Rocío Gómez
  • 21- Lara Balseiro
  • 96- Pelé