O plantel do Leis Pontevedra, en confinamento tras un positivo por covid-19 no Santiago Futsal

Pontevedra
16 de outubro 2020

Polo momento, segundo confirman desde o Leis, ningún futbolista do club pontevedrés presentou síntomas. O illamento preventivo obrigou a cancelar o amigable que tiñan previsto disputar este sábado na pista do Noia Portus Apostoli e tamén pon en xaque a primeira xornada de liga

Fase de ascenso entre o Leis Pontevedra e o Albense Leis Pontevedra

Foi un dos últimos equipos da Segunda B fútbol sala en poñerse en marcha, ante as dúbidas que xurdían pola incidencia da Covid-19 e o convencemento de que o inicio da liga debía retrasarse por seguridade, e á primeira tivo que confinarse.

O plantel e primeiro adestrador do Leis Pontevedra masculino atópanse en corentena ao ter contacto directo cun positivo por coronavirus durante o seu primeiro amigable de pretempada, o disputado o pasado martes 13 de outubro no pavillón de Monte Carrasco fronte ao Santiago Futsal.

Ao día seguinte a ese encontro, un futbolista do club compostelán presentou unha lixeira febre, facendo saltar as alarmas a pesar de que "parecía un resfriado por haber jugado con las puertas abiertas y no haber utilizado las duchas", explica o xerente do Leis, Sergio García, sinalando que durante o amigable cumpríronse todas as medidas de precaución "a rajatabla".

Nese momento os integrantes da entidade pontevedresa iniciaron un illamento preventivo, que este venres converteuse en oficial ao confirmarse o resultado positivo na PCR realizada ao xogador santiagués.

Sergio García: "Ya lo habíamos avisado. Es un suicidio empezar la competición hasta que la situación sanitaria no se estabilice"

"Ya lo habíamos avisado. Es un suicidio empezar la competición hasta que la situación sanitaria no se estabilice", sinala García ante o inconvinte que supón o confinamento do equipo.

Polo de súpeto, á espera de que Sanidade lles notifique cando someterse ás preceptivas probas PCR para descartar contaxios, foi aprazado o partido amigable que se ía a disputar este sábado 17 na cancha do Noia Portus Apostoli. Ademais, debido ao período que deberán permanecer nos seus domicilios os futbolistas do Leis, disputar a primeira xornada de liga o próximo 24 de outubro fronte ao Cidade de Narón "es imposible", confirman desde o club pontevedrés.

O único que tranquiliza ata o momento é que segundo o Leis ningún dos seus xogadores presenta sintomatoloxía compatible co coronavirus.