O Peixe Galego prepara o seu segundo curso en Ouro convencido de mellorar o anterior

Marín
27 de agosto 2019

El entrenador Javi Llorente tiene a sus órdenes a solo seis jugadores del primer equipo a la espera de la llegada de Joel Hernández, Seoane y dos nuevos fichajes

Adestramento do Peixe Galego Mónica Patxot

O Peixe Galego xa está en marcha. Con menos xogadores, menos orzamento e menos tempo de preparación por diante que o resto dos seus rivais; pero coas ganas e ilusión de obrar un novo milagre desbordadas. "Temos un equipo novo e sen experiencia, haberá que ver que nivel de competitividade temos e ir mellorando para chegar ao comezo de tempada no mellor nivel posible", explica o adestrador, Javi Llorente.

O técnico leonés iniciou o traballo de pretemporada este luns con só seis xogadores do primeiro equipo ás súas ordes. O dominicano Joel Hernández chegará esta noite a Marín, mentres que Seoane non o fará ata a próxima semana. Ademais, o club peitea o mercado en busca dun xogador interior e outro exterior que sirva para apontoar un persoal que por agora só conta con Taiwo Badmus e Juanchi Orellano, ademais das fichaxes Carlos Noguerol, Jacobo Díaz, Alejandro Mazaira e Shaquille Doorson.

Desde a dirección deportiva do cadro da Raña estudan todos os mercados do panorama baloncestístico, incluso o estadounidense, no que o Peixe sempre adoita pescar con acerto e do que, por agora, non incorporaron a ningún xogador.

Os de Llorente debutarán o 4 de setembro nun encontro de adestramento na Raña, pero o primeiro partido aberto ao público será o día 7 no primeiro cruzamento de Copa Galicia contra o Leyma Coruña.

Aínda que no club son conscientes do enorme reto ao que se enfrontan esta campaña, están seguros de que realizarán un labor mellor que do último curso en LEB Ouro. "A experiencia foi moi positiva para o club, imos facer mellor, aínda que o nivel é moi alto", defende con moderado optimismo Llorente, quen está convencido de que a afección estará á beira do equipo durante toda a tempada, mesmo aínda que as vitorias tarden en chegar.