O Peixe Galego marcha en busca de novos abonados

Pontevedra
17 de agosto 2021

A afección xa pode adquirir o seu carné en formato individual por 25 euros ou familiar, por 45 euros

Vídeo do Peixe Galego tras un mes de estado de alarma pola alerta sanitaria Marín Peixe Galego

O Peixe Galego lanza a súa nova campaña de socios para a súa nova andaina en Liga EBA. O cadro marinense quere que A Raña siga sendo un talismán e unha praza inexpugnabe no seu camiño de regreso cara á elite e para iso precisa que a inchada marinense siga envorcada co seu equipo. E a xulgar polo lema da campaña: "No baloncesto, coma non mar, todo o que cae na rede é Peixe", todos os afeccionados son necesarios para obrar outro milagre.

O prezo do abono inidividual para unha persoa adulta é de 25 euros, mentres que o familiar ascende a 45 euros. As persoas menores de idade, nacidos a partir do 2004, poderán acceder gratis ao pavillón en todos os partidos. 

Ademais de garantir o acceso a todos os partidos, o carné de socio ofrece tamén descontos en entradas e noutros produtos e campañas que lance o club. Os interesados en renovar ou adquirir o carné de socio do conxunto peixiño poden facelo a través da plataforma cluber ou poñéndose a través do correo electrónico abonados@peixegalego.com.