O Peixe Galego aposta polo ala pívot canario Jacobo Díaz

Marín
13 de xullo 2019

O novo xogador do equipo marinense, de 206 cm de altura, chega a Galicia para facer fronte á tempada en LEB Ouro despois dunha longa traxectoria en Estados Unidos

Jacobo Díaz, nova incorporación ao Peixe Galego Marín Peixe Galego

O Peixe Galego asinou, este sábado, cunha nova aposta para a tempada en LEB Oro. O canario Jacobo Díaz comezará proximamente a traballar co cadro marinense.

A nova incorporación, de 206 centímetros de altura e 23 anos, chega a Marín despois de varios anos xogando en Estados Unidos. Este último ano na Indiana  University of Pennsylvania, onde foi considerado un dos mellores xogadores da categoría.

Díaz empezou a súa actividade no baloncesto americano nos Crimson Hawks en 2015, onde conseguiu de media 18 puntos, 9'2 rebotes e 2'8 asistencias en 34 minutos de xogo. Así, logro abrirse camiño cara ao Equipo All-America pola Asociación de Adestradores e, ademais, ser elixido mellor xogador da súa conferencia.

Tras varios anos no panorama internacional, Jacobo Díaz chega ao Peixe Galego uníndose a Carlos Noguerol como novas incorporacións á escuadra pontevedresa.