O mediapunta José García chega cedido ao Pontevedra ata final de temporada

Pontevedra
22 de xaneiro 2020

O xogador levaba na cidade desde o domingo os problemas administrativos entre o Extremadura, o Atlético Baleares e o conxunto granate dilatou a operación, que se pechou na mañá deste mércores

Jose García no seu primeiro adestramento co Pontevedra CF Cristina Saiz

Levaba desde o domingo en Pontevedra pero a fichaxe de José García polo conxunto granate non se fixo oficial ata este mércores. O mediapunta, que chega cedido ata final de tempada procedente do Extremadura despois de poñer punto e final á súa estancia no Atlético Baleares no que practicamente non contou con minutos, adestrouse xa ás ordes de Pouso e ao mesmo ritmo que o resto de compañeiros. "Espero involucrarme y estar con ellos al cien por cien y cada vez mejor", declarou sobre a súa adaptación.

Explicou García que os motivos polos que se dilatou tanto a súa incorporación foi porque "no era simple porque no venía de un club, sino que dependíamos de otro y en estas fechas que hay tanto fichaje se ha liado un poco".

Unha das características que define o xogo do navarro é a súa polivalencia. "De mediocampo hacia arriba puedo jugar en cualquier posición. Incluso el año pasado jugué un par de partidos de falso nueve, que no es muy habitual para mí. Por dentro es por donde más cómodo me siento", detallou.

O factor determinante para convencelo de vestir a camiseta granate foi unha conversación telefónica co adestrador Carlos Pouso."El mister me llamó y me convenció. Sabe como soy, espera que trabaje y que demuestre lo que él sabe que soy". Ademais, a imaxe que ofreceu o equipo no choque contra o Atlético Baleares, "el estadio me gustó, la afición aprieta y cuatro cosas que hablé con el entrenador ya tenía ganas de venir aquí", engadiu o mediapunta.

Aínda ten dous anos de contrato co club estremeño, pero José García non pecha a porta para ampliar a súa vinculación co Pontevedra máis aló do 30 de xuño. "Nunca se sabe", dixo. Para iso está disposto a demostrar o seu potencial a partir deste domingo."Vengo de entrenar y también he trabajado por mi cuenta porque un jugador que no juega no está físicamente igual que los que están con el equipo. Pero físicamente estoy bien y con los partidos iré a mejor", asegura con convicción.

Non é a especialidade da nova fichaxe meter goles, mais espera achegar o seu granito de area á pobre capacidade anotadora do equipo. "Mi media de goles no es muy alta, pero he estado trabajando este año en ello. En Segunda B a casi todos los equipos les falta gol, tendremos que aplicarnos todos", afirma. A pesar da súa mocidade, o canteirán de Osasuna ten sobrada experiencia na categoría de bronce do fútbol español. "Soy un sub 23 atípico porque llevo varios años en el futbol profesional. Eso te hace madurar antes, saber vivir mejor los partidos pero luego hay que demostrarl y tener la cabeza fría en momentos difíciles", rematou