Paso firme do Marín Futsal na confección do seu plantel para a próxima tempada, na que aspira a seguir crecendo na máxima categoría do fútbol sala nacional.
O conxunto marinense confirmou este mércores a renovación de Café por un ano máis.
Con este movemento os da Raña aseguran gol no seu novo proxecto.
"É un dos referentes do plantel e vén de realizar unha tempada sensacional", asegura o Marín Futsal defendendo que "os seus goles e a súa experiencia foron unha das claves da gran tempada realizada polo equipo no debut na máxima categoría".
En definitiva a de Café é unha "renovación importante para seguir crecendo e poder loitar por obxectivos máis ambiciosos".
Con ela son xa seis as pezas confirmadas para o novo proxecto marinense, xunto ás renovadas Silvia Aguete, Adriana García, María León e Pau García e a fichada Ale de Paz. A que non seguirá no equipo é Dani Fleitas, da que o club se ha despedido publicamente a través das súas redes sociais.