O Marín Futsal 'pesca' tamén en Burela á súa segunda fichaxe, Bea Mateos

Marín
13 de xullo 2022

"Coa súa incorporación, o equipo gaña experiencia e calidade para seguir crecendo e poder loitar por mellorar os xa bos resultados da última tempada", asegura o club marinense

Bea Mateos (dereita) no partido entre Poio Pescamar e Burela na Seca Cristina Saiz

Segunda fichaxe do Marín Futsal para a próxima tempada, e de novo cunha futbolista que o gañou todo co Burela Pescados Rubén.

Á xa confirmada Ale de Paz uniuse agora Bea Mateos.

"Chega para reforzar o plantel e dar un salto de calidade e experiencia ao equipo", asegura o Marín Futsal sobre a súa nova xogadora.

"Coa súa incorporación, o equipo gaña experiencia e calidade para seguir crecendo e poder loitar por mellorar os xa bos resultados da última tempada", explica o club da Raña.

Con Bea Mateos pasan a ser xa dez as futbolistas do Marín Futsal confirmadas para o seu próximo proxecto na Primeira División, xunto á tamén fichada Ale de Paz e ás renovadas Ceci, Marta Gago, Inés Mayán, Café, Silvia Aguete, Pau García, María León e Adriana García.