O Marín Futsal, a piques de sorprender o líder Burela (3-4)

Marín
06 de abril 2024
Actualizado: 30 de setembro

A punto estivo o Marín Futsal de dar unha nova sorpresa na Raña despois de resistir e de facer sufrir ao líder Burela, que tivo que suar a pinga gorda para levar os tres puntos  

Partido de liga entre Marín Futsal e Burela na Raña

A punto estivo o Marín Futsal de dar unha nova sorpresa na Raña despois de resistir e de facer sufrir ao líder Burela, que tivo que suar a pinga gorda para levar os tres puntos.

Dominou o partido o Burela desde o asubío inicial, facéndose coa posesión do esférico e obrigando ao Marín a pecharse en defensa para evitar o gol contrario custe o que custe.

E aguantou a escuadra marinense práticamente ata os últimos instantes do primeiro tempo, cando as da Mariña, despois de moito insistir, lograron adiantarse. Era o minuto 17, Antía Pérez sacou de esquina e cedeu a Emily Marcondes, que sacou un potente derechazo desde tres cuartos de campo e enchufó balón na escuadra. Imparable para a gardameta.

Non conforme co 0-1, o Burela volveu golpear tan só un minuto despois e de novo por medio de Marcondes, que recibiu outro pase de Antía, esta vez tras unha longa posesión, e axustou o coiro na esquina da portería local.

Despois do paso polos vestiarios, o Marín saíu disposto a darlle a volta ao resultado e conseguiuno antes de que se cumprisen o primeiros tres minutos do segundo tempo despois dunha gran combinación de todo o equipo. Café descargou en Bravo, e esta buscou en longo a Ariana, quen aproveitou a saída en falso da porteira visitante para recortar diferenzas.

O gol serviu como unha bomba de osíxeno para o conxunto marinense, que empezou a xogar os seus mellores minutos nos que non só empatou, senón que logrou poñerse por diante. Débora fixo o 2-2 desde o punto de penalti no 27 e, segundos despois, Pedreira, tras un roubo de balón en campo propio, encargouse de transformar o 3-2.

Apostou entón o Burela polo xogo de cinco e, sen présa e sen precipitacións, esperou o seu momento para golpear. Desta forma e despois dunha longa posesión, as táboas regresaron. Emily puxo o balón na diagonal e Patri, no segundo pau, anotou o 3-3.

Tras o gol, o conxunto visitante veu arriba e Marcondes remontou o resultado aproveitando un erro defensivo do Marín.

Cambiáronse nese momento os papeis e foron as de Ramiro Díaz as que optaron polo xogo de cinco, pasando a ser donas da posesión e asediar por completo a portería dun Burela envorcado en tarefas defensivas e que tivo que suar a pinga gorda para evitar o gol dun equipo local que puido lograr o empate nos últimos segundos.

Consulta a acta nesta ligazón