O Marín FS inicia o capítulo de renovacións coa súa capitá Pau García

Marín
24 de xuño 2022

O club dá continuidade ao exitoso proxecto iniciado na Primeira División coa ampliación por un ano do contrato da xogadora

Partido de liga en A Raña entre Marín Futsal e Majadahonda

O Marín Futsal pon a primeira pedra para o seu segundo ano na elite do fútbol sala feminino coa renovación da súa capitá Pau García.

A xogadora amplía o seu contrato por unha tempada máis e seguirá sendo un dos piares do primeiro equipo da Raña. 

A través dunha mensaxe nas redes sociais da entidade morracense, fixeron saber á capitá que "estamos moi contentos de que continúes connosco e sigas achegando ao crecemento do equipo e do club".

Doutra banda, o club xa fixo oficial hai uns días a marcha do adestrador Raúl Jiménez, que logrou o ascenso e a permanencia na Primeira División.