O Luceros asalta a cancha do Teucro (31-37)

Pontevedra
16 de abril 2023

O Luceros asaltou, e de que maneira, o Pavillón Municipal, pasando por riba a un Teucro que se mostrou impotente na segunda metade e acabou goleado por 31-37  

Partido entre Teucro e Luceros no Pavillón Municipal Cristina Saiz

O Luceros asaltou, e de que maneira, o Pavillón Municipal, pasando por riba a un Teucro que se mostrou impotente na segunda metade e acabou goleado por 31-37.

Comezou o partido igualado con repartición de golpes en ambas as porterías, ata que o Teucro, aproveitando a exclusión de Manuel Barreiro, protagonizou a primeira brecha para colocarse cunha renda de tres tantos (6-3).

Fortaleceu a defensa en Luceros pasando a un 5-1e os azuis non atoparon a maneira de atacar con fluidez e de superar a barreira do seu rival. Pola contra, o cadro visitante pasou a mostrarse máis cómodo sobre a cancha, deu a volta ao marcador e obrigou a Irene Vilaboa a parar o cronómetro (9-10).

Pero as palabras da adestradora local non funcionaron e o Luceros, con Gael Blanco e Miguel Pousa, fíxose coa súa maior vantaxe do encontro (9-12). Reaccionou a tempo o Teucro, que mesmo chegou a cuperar a dianteira, pero nos últimos instantes do primeiro tempo o cadro visitante deixou o marcador ao descanso en 17-19.

Tras o paso polos vestiarios, o cadro pontevedrés desapareceu por completo, superado con facilidade en tarefas defensivas e cometendo perdas de balón en liña de ataque que se traducían nun gol en sete minutos fronte aos cinco do Luceros que (18-24).

Complicábase o partido para o Teucro e urxía unha reacción, pero os de Cangas xa tiñan o encontro onde querían e só tiveron que seguir xogando como fixeran ata o momento (23-30).

Os de Lérez reduciron distancias por momentos, pero cando parecía que a reacción estaba preto, o Luceros pisaba de novo o acelerador para impedir a xesta rival. Chegou mesmo o Teucro a colocarse a falta de catro minutos para a conclusión a tres goles do empate (30-33), pero foi un mero espellismo e entre Pousa e Gael Blanco encargáronse de poñer a puntilla ao partido e sentencialo cun contundente 31-37.

Consulta as estatísticas nesta ligazón