O líder Lanzarote arroia o Teucro nunha nefasta segunda parte (24-29)

Pontevedra
28 de xaneiro 2023

A Sociedad Deportiva Teucro saíu enchufada ao encontro contra o líder, o San José Obrero Lanzarote, e púxolle as cousas complicadas desde o inicio chegando mesmo a colocarse con cinco goles de vantaxe. Con todo, na segunda metade os pupilos de Irene Vilaboa desconectaron completamente e realizaron uns nefastos 30 minutos nos que sucumbiron ante a case impecable defensa 5-1 do seu rival    

Partido entre Teucro e Lanzarote no Pavillón Municipal Cristina Saiz

A Sociedad Deportiva Teucro saíu enchufada ao encontro contra o líder, o San José Obrero Lanzarote, e púxolle as cousas complicadas desde o inicio chegando mesmo a colocarse con cinco goles de vantaxe. Con todo, na segunda metade os pupilos de Irene Vilaboa desconectaron completamente e realizaron uns nefastos 30 minutos nos que sucumbiron ante a case impecable defensa 5-1 do seu rival.

Empezou mandando o Teucro no marcador cun parcial 3-1 e non se deixou dobregar polo Lanzarote en toda a primeira metade, que foi a remolque en todo momento a pesar dos seus intentos de dar a volta ao partido.

Os goles en ambas as porterías foron a tónica do primeiros cinco minutos, asinando un 5-4 que antollaba un devir frenético e cheo festexos. E os festexos hóuboos, pero para a inchada teucrista, que viu como o seu equipo foi engrosando o luminoso ata facerse cun colchón de cinco goles no minuto 22 de xogo grazas ao traballo en defensa e aos goles de Caue Herrera e Brais Cerviño (13-8).

Alcanzouse así a recta final do primeiro tempo, onde o Lanzarote apertou o marcador e deixou todo por decidir no segundo acto (15-13)

Despois do intermedio todo cambiou para o Teucro, que empezou a cometer perdas de pases fáciles provocadas na súa maior medida pola defensa 5-1 dos canarios, que demostraron a súa condición de líder para arollar aos de azul.

E é que tras un lanzamento fallado desde os sete metros por Rhuan, o cadro pontevedrés desapareceu completamente. Irene Vilaboa parou dúas veces o tempo, a primeira no minuto 10 (17-18) e a segunda no 22 (20-24), pero estaba claro que a tarde se había complicado de mala maneira e pouco máis se podía facer.

De feito, o Lanzarote, a falta de cinco para a conclusión, xa tiña o partido no bote cunha vantaxe de sete goles (20-27) e só tivo que medir ben os tempos e mesmo permitirse algún que outro erro que o Teucro aproveitou unicamente para maquillar o resultado (24-29).

Consulta as estatísticas nesta ligazón