O Gran Premio Cidade de Pontevedra mantense no calendario da Copa de España Féminas para 2023

Pontevedra
08 de novembro 2022

A proba ciclista será en 2023 a segunda cita puntuable do certame nacional. Disputarase o día 26 de marzo, segundo o calendario aprobado pola Real Federación Española de Ciclismo

Proba da Copa España de ciclismo feminino disputada en Pontevedra Cristina Saiz

Por terceiro ano consecutivo Pontevedra terá presenza no calendario do ciclismo nacional grazas ao Gran Premio Cidade de Pontevedra de ciclismo feminino.

O evento mantense dentro do calendario da Copa de España Féminas, segundo aprobou a Comisión Delegada da Real Federación Española de Ciclismo.

Será de feito en 2023 a segunda cita puntuable do certame, prevista para o día 26 de marzo.

Antes disputarase o 19 de marzo o Gran Premio Igartza en Beasáin (Gipuzkoa). Ademais completan a Copa de España Féminas en Estrada o VII Trofeo Ciclismo Feminino Villa de Noja en Cantabria (2 de abril), o III G.P. Villaquilambre en León (22 de abril), o III Trofeo del Bajo Andarax en Almería (29 de abril), o V Tº Femenino Ayuntamiento de Estella en Navarra (3-4 de xuño) e o 3º Trofeu de Ciclisme Femeni 'Classica de l'Arros' en Valencia (18 de xuño).

Na súa última edición o Gran Premio Cidade de Pontevedra contou con máis de 400 ciclistas entre as súas diferentes categorías e unha percorrido na súa proba absoluta de 99 quilómetros en forma de circuíto ata Marín con ata seis pasos pola liña de meta situada en As Corvaceiras e un punto clave, o Alto da Porteliña.