A alcaldesa en funcións e portavoz do Goberno, Eva Vilaverde, ofreceu este venres unha rolda de prensa co fin de dar conta dos diversos puntos tratados durante a Xunta de Goberno Local celebrada a primeira hora.
Vilaverde quixo puxo o foco nun dos puntos en concreto en relación co deporte pontevedrés como foi a aprobación das bases de subvencións para as escolas deportivas municipais da tempada 23-24.
A alcaldesa informou que trátase dun orzamento de 250.000 euros, dos que 205.000 irían para as escolas deportivas de base dos clubs, 30.000 euros para as escolas deportivas impartidas nos colexios a peticións das ANPAs e 15.000 euros a grupos especiais con dificultade para a práctica do deporte.
A alcaldesa en funcións lembrou que como todos os anos a intención destas axudas buscan "incidir nas actividades de interese público que están orientadas á promoción e iniciación do deporte entre a poboación máis nova ou con dificultade para poder practicalo".