O Galaico Waterpolo comeza a temporada vencendo na Supercopa Galega

Pontevedra
01 de outubro 2012

O equipo pontevedrés venceu por 15 goles a 9 ao Club Waterpolo Santiago na piscina do CGTD

Momento do partido entre o Waterpolo Galaico e o Waterpolo Santiago

A primeira edición da Supercopa Galega de waterpolo inaugura o seu palmarés coa vitoria do Galaico en Pontevedra no arranque da tempada oficial.

O equipo dirixido por Javier de Sáa impúxose ao Club Waterpolo Santiago grazas a súa efectividade nos dous últimos cuartos de partido, nos que conseguiu distanciarse no marcador ata o 15-9 final.

Roberto Acuña, con sete tantos, e Pablo Rodríguez, con catro, foron os principais protagonistas do conxunto lerezano.