O Galaico Sincro, preparado para o campionato de España alevín de natación artística

Pontevedra
10 de xullo 2018

Dous clubs galegos participarán no campionato de España alevín-junior de natación artística que se celebrará entre os días 12 e 15 de xullo na piscina Rosario Dueñas de Ourense. Un deles será o anfitrión, o Sincro Ourense; mentres que o outro será o Galaico Sincro de Pontevedra

Equipo alevín-xuvenil do Galaico Sincro

Dous clubs galegos participarán no campionato de España alevín-junior de natación artística que se celebrará entre os días 12 e 15 de xullo na piscina Rosario Dueñas de Ourense.

Un deles será o anfitrión, o Sincro Ourense; mentres que o outro será o Galaico Sincro de Pontevedra.

Máis de 150 nadadoras participarán na que é unha das citas máis importantes no calendario nacional da natación artística.

O Galaico Sincro desprazará á cidade ourensá un equipo de 15 nadadoras, que tentarán facerse cun oco entre as que, sen dúbida, conformarán no futuro a selección española da natación artística.