Pasado o verán o Galaico Sincro púxose en marcha levantando o pano dunha nova tempada deportiva.
O obxectivo do club é seguir crecendo e consolidándose a nivel autonómico e tamén estatal, onde o pasado curso clasificou entre os 10 mellores clubs.
As categorías alevín e infantil de nivel foron as primeiras en tirarse á piscina, mentres que o comezo para o resto da base fixouse para o luns día 17 de setembro.
Durante todo o primeiro mes de actividade, o club pontevedrés realizará adestramentos gratuítos para que todas as nenas e nenos que queiran probar a natación artística poidan facelo sen esforzo. Só será necesario fixar data e hora do adestramento poñéndose en contacto na web www.galaicosincro.com.