O filial do Arxil reármase para unha nova tempada

Pontevedra
02 de setembro 2016

O Arxil Mafari, que competirá este ano na Primeira Autonómica, contará este ano cun equipo renovado co que espera situarse na zona alta da táboa á vez que nutre de xogadoras ao primeiro equipo

Presentación dos equipos do Arxil 2014-2015 Diego Torrado

A directiva do Arxil ultima estes días a composición do seu equipo filial, ao Arxil Mafari Café, que competirá esta emporada na Primeira Autonómica.

O club espera que o equipo poida pelexar polos postos de honra da categoría, co salto a Primeira Nacional en mente, á vez que segue nutrindo de xogadoras ao primeiro equipo.

Ata sete baixas con respecto á pasada tempada conta o equipo, entre xogadoras que cambian de equipo ou problemas de estudos.

Polo momento o segundo equipo verde conta nas súas filas con Jara Tuda, Natalia Soage, Aldara Vázquez, Yaiza Serrapio, Cristina Díaz, Andrea Carrera e Noa Casalderrey. Ademais contan con reter a Noelia Rosales e buscaranse "dúas ou tres incorporacións", segundo sinalan desde a entidade pontevedresa.

O plantel completarase con dúas prazas para xogadoras junior para seguir dando oportunidade á base, tendo en conta ademais que o Arxil conta este curso con 24 fichas desta categoría.

A liga para o Mafari comezará o 27 de novembro ante o Seis do Nadal. Antes, a Copa Galicia que arrincará o 2 de outubro servirá de pretempada para o equipo adestrado por Lino Vázquez.