O Festival Multideporte de tríatlon, presente en Australia na gran final das Series Mundiais

Pontevedra
13 de setembro 2018

Os triatletas españois, entre eles o gran favorito e defensor do título mundial masculino Mario Mola, lucirán nos seus tarxes na gran final de Gold Coast (Australia) o  logo do Festival  Multideporte que se celebrará en Pontevedra o próximo ano

Equipo español en Gold Coast posando coa imaxe do ITU Multisport Festival de Pontevedra ITU Multisport Festival Pontevedra

Pontevedra está presente estes días en Australia aproveitando a celebración na localidade de Gold Coast da gran final das Series Mundiais de tríatlon e dos campionatos do mundo sub-23, júnior e de paratríatlon.

Unha delegación pontevedresa viaxou ás antípodas para presentar no congreso mundial da Federación Internacional de Tríatlon (ITU) o Festival Multideporte que acollerá a Boa Vila en 2019 e que supoñerá a celebración na cidade de cinco campionatos do mundo.

Ademais, o ITU Multisport Festival 2019 de Pontevedra recibiu o apoio dos deportistas españois, que pousaron coa imaxe promocional dos campionatos e que lucirán nos seus equipamentos o logo de Pontevedra 2019.

Entre eles atópase o gran favorito e defensor do título mundial masculino, o mallorquino Mario Mola, o talaverano Fernando Alarza, fincado na cidade de Lérez, ou o vigués Antonio Serrat.