O Farto pisa o podio na súa primeira carreira como equipo profesional

Pontevedra
16 de marzo 2021

O Club Ciclista Farto conseguiu facerse cun terceiro posto na súa primeira carreira como equipo profesional UCI Continental. O equipo debuta no pódium con Agnieta Francke, unha das súas últimas incorporacións

Agnieta Francke, no terceiro posto do podium Club ciclista Farto

Club Ciclista Farto conseguiu facerse cun terceiro posto na súa primeira carreira como equipo profesional UCI Continental. O equipo debutou no pódium con Agnieta Francke, unha das súas últimas incorporacións. A sprinter holandesa do conxunto pontevedrés logrou a terceira praza no Memorial José Antonio Urdaniz en Navarra.

A carreira contaba cunha participación de alto nivel, coa presencia maioritaria dos mellores equipos nacionais. O pelotón élite o integraban 105 participantes, mentres que o xuvenil estaba composto por 75.

Aínda que as condicións climáticas foron moi duras, xa que a choiva estivo presente en toda a competición, así como o vento e as baixas temperaturas, non alonxou aos atletas do club pontevedrés de alcanzar a súa terceira posición. Sumado a un percorrido sinuoso co Alto de Olaberri como principal perigo, un grupo de oito ciclistas escapouse nos primeiros 15km, no que estaba Francke.

O grupo abriu oco con respecto ao pelotón principal e foi capaz de manter a diferencia ata a meta, disputándose a victoria ao sprint.

Agnieta Francke declara estar "contenta, aínda que con un puntito de pena porque se me escapara a victoria por moi pouco. Lancei o sprint moi tarde e en meta non me deu tempo a rematar", pero mantén a positividade e asegura que "aínda así, empeza o ano cun pódium é moi motivador". 

"A consigna era protexer a Francke durante a carreira para chegar ao sprint, pero díxenlle que estivera pendente das ciclistas fortes, porque se podía facer un corte cara meta. Ao final así foi, e Agnieta colouse na escapada boa’, explica o director deportivo, Brais Dacal. Francke tamén gañou a clasificación da montaña ao pasar primera polo único porto puntual.

parte negativa para o conxunto galego veu cunha gran caída no principio da carreira, na que se viron involucradas Diana Pedrosa, Garazi Korta e Sara Bonillo. As tres ciclistas víronse forzadas a abandoar polo forte golpe. Sandra Moral e Pilar Jiménez remataron co grupo principal.

Aínda así, Brais Dacal afirma estar "contentísimo con este inicio de ano na nova categoría. Demostramos desde o primeiro día que vimos moi en serio e que este equipo dará moito de que falar".

Tras este inicio exitoso, a próxima cita para o equipo galego será a Copa de España de Noja e a Volta CV de categoría profesional, "probas que se adaptan tamén ás condicións de Agnieta e nas que esperamos seguir destacando", conclúe Dacal.